Foi onte, despois de que a situación sanitaria obrigase a cancelar o acto de entrega previsto para o pasado mes de marzo, cando o VII Premio de Teatro Varela Buxán, organizado pola Escola Municipal de Artes Escénicas, entregou o seu galardón ao dramaturgo Fernando Epelde pola obra Engadir auga e esperar. Foi no transcurso dunha rolda de prensa na que participaron, ademais do autor premiado, o vicepresidente da Fundación Juan Constenla e o gañador da sexta edición do premio Fernando Castro ao que se lle fixo entrega do libro editado. 
 
premio2020
 
 
 
 
 
O vindeiro curso da Escola de Artes Escénicas erguerá o pano o vindeiro mes de outubro. Actualmente, xerencia e profesorado están a traballar nun protocolo de seguridade no que se enmarcará boa parte do curso 2020-2021, sempre e cando a situación sanitaria permita o seu normal desenvolvemento. Xa podemos confirmar o regreso da profe de danza Paula Quintas, que xunto a Arturo Cobas "Nono", Anabell Gago e Xosé Lueiro conformarán ao proxecto docente. Unha gran nova, a do regreso de Paula, da que nos aledamos todos. Os alumnos que causen baixa deberán poñerse en contacto co número 986573601 do Departamento de Cultura do Concello da Estrada.
 
Para acceder á información completa, prema aquí (vídeo).