Os alumnos do grupo xuvenil 2 da EMAE puxeron en escena onte, para o alumnado de 1º da ESO dos IES estradenses, a súa particular versión da Cincenta. Un espectáculo programado polo Centro de Información á Muller  e dirixido a sensibilizar aos cativos no tema da igualdade de xénero. A función resultou un éxito, polo que dende aquí queremos darlles a noraboa a todos os protagonistas: Noa, Alba, Saleta,  Alberte, Julián, Adrián, Uxía, Tegra, Carla, Carlota, Vanessa, Alicia, Laura, Cristina e Jesús. Grazas polo voso traballo e compromiso... sodes un exemplo a seguir!
 
emae2emae