A adaptación teatral dos contiños da terra de Manuel García Barros feita por Santi Cortegoso e interpretada por Chelo do Rejo, Fran Campos, Gonzalo Valcárcel e Juan Ruibal visitan Berres, a terra natal de García Barros. Unha actuación que terá lugar o venres 29 de novembro ás 21.00 h no local social do Campo de Fútbol de Berres e que estará amenizado coa música da Coral Polifónica de Berres e coa de Lume na Lareira. Ao remate da obra haberá chocolatada de balde.