Ligazons2                 

GRUPO DE ADULTOS ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

DOMINGO 3 DE XUÑO ÁS 20.00 h (Entrada de balde)

Ligazón

Ramón del Valle-Inclán

É un auto de siluetas de Ramón del Valle-Inclán pertencente á serie de pezas dramáticas que compoñen o Retablo de la lujuria, la avaricia y la muerte. Un espectáculo de sombras de 60 min de duración que mestura poesía e esperpento arredor do mito de Orfeo. Un espectáculo cheo de violencia, erotismo e escuridade.

A trama acontece nunha pequena aldea galega na que "A raposa", unha muller madura, pretende prostituír á súa sobriña co consentemento da súa nai para gañar uns cartos. As mulleres non contaban coa firme negativa da rapaza, que namorada dun mozo afiador, oponse a tal proposición.

A peza está dirixida por Anabell Gago e interpretada polos alumnos do grupo de adultos: Aranza Barreiro, Ánxela Sanmartín, Manolo Varela, Fina Raposo, Dori Carbia, Ana Rivadulla, Rosa López, Sabela Arca, Luis Rivas, Alba Aller e Azucena González.

 

 

 

GRUPO INFANTIL 2 ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

DOMINGO 10 DE XUÑO ÁS 19.00 h (Entrada de balde)

Xoguetes

Inspirada en Festa no faiado de Mª Victoria Moreno

Este é un espectáculo de creación colectiva, feito a partir do xogo e da improvisación dos propios cativos, que está inspirado na peza Festa ni faiado, de Mª Victoria Moreno. Na peza, os actores dan vida ás súas mascotas e feluxes celebrando unha festa onde a amizade é a nota predominante.

A peza está dirixida por Paula Quintas e Akira Valero, e interpretada por Roi Álvarez, Catalina Álvarez, Inés López, Marta Correa, Alessandra Illobre, Xiana Otero, Helena Miranda, Clara Rey, Estela Riera, Noa Romero, Lía Rey, Aldara Mato, Santiago Loureiro, Mario Fernández e Violeta Níñez.

 

 

 

GRUPO INFANTIL 1 ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICA

DOMINGO 10 DE XUÑO ÁS 19.45 h (Entrada de balde)

O ladrón de paraugas

Xosé Lueiro

Este é un espectáculo de danza-teatro feito a partir do xogo e do traballo corporal dos propios cativos, e inspirado no conto El ladrón de paraguas de Xosé Lueiro. A peza, situada nunha cidade cotiá, presenta un conxunto de persoas ás que une unha pregunta común: de que cor é o vento?

A peza está dirixida por Paula Quintas e Akira Valero e interpretada por Lía Vázquez, Uxía Vilariño, Andrés Díaz, Marcela Torrado, Alma Diéguez, Paula López, Paula Puente, Hugo Ríos, Mariana Torrado, Clara González, Cristian Conti, Carla Penide, Borja Gorís, Sara Núñez e Lara Rey.

           Infantil

  

grupo xuvenil emae             

GRUPO XUVENIL 2 ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

SÁBADO 23 DE XUÑO ÁS 18.30 h (Entrada de balde)

A Cincenta xa non quere comer perdices

Inspirada no conto de Nunila López Salamero

Un dos grandes éxitos mundiais en Internet, un conto que desmonta aquilo de “foron felices e comeron perdices”, un conto que nos fala da sexualidade, da afectividade e da igualdade entre mozos e mozas. Un conto para rir e reflexionar.

A peza está dirixida por Arturo Covas e Xosé Lueiro; e interpretada por Carlota Torrado, Mª Cristina Rivadulla, Tegra Vidal, Saleta Lueiro, Jesús Carbia, Vanesa Agra, Adrián Quintela, Alicia Chenlo, Julián Rosende, Alba Mendoza, Laura Chamosa, Uxía Correa, Carla Cutrín, Alberte Arxibai e Noa Baloira.

 

GRUPO XUVENIL 1 ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

XOVES 28 DE XUÑO ÁS 20.30 h (Entrada de balde)

Bang Bang, morto

William Mastrosimone

Escrita por William Mastrosimone, a obra recolle a historia dun estudante que decide vingarse de todas as burlas sufridas na escola asasinando aos seus compañeiros de pupitre. Pero poucos días despois da masacre, as pantasmas regresan na procura de respostas. Unha peza imprescindible para sensibilizar o alumnado na problemática do acoso escolar.

Dirixida por Xosé Lueiro e Arturo Covas, a obra está interpretada por Lucía Chenlo, Laura Calvelo, Giovanni Deidda, Mencía Vidal, Elena Carracedo, Carmela Reyes, Sergio Iglesias, Sergio González, Paula Barreira, Alba Vázquez, Karina Montoro, Alba Martínez.