Os pasos a seguir son ben sinxelos.

1-Deixa os teus datos nos teléfonos 647 41 19 70 ou 986 57 36 01.

2-A finais de setembro convocarémoste para unha xuntanza de principio de curso onde se asignarán horarios e profesorado.

3-Nesta xuntanza, daránsevos os impresos de inscrición. Unha vez cubertos, disporedes ata finais de novembro para efectuar o pagamento do primeiro prazo da matrícula. Os novos alumnos disporedes de dúas clases de cortesía antes de efectuar o pago.

4-Os alumnos de anos anteriores, tedes a praza garantizada. Os novos optaredes a unha praza en función da dispoñibilidade das mesmas.

 

CANTO CUSTA A INSCRICIÓN?

Os prezos do curso son os seguintes:

Grupos infantil e xuvenil: 96,00€

Grupos adultos: 120,00€

O importe do curso pode aboarse nunha soa partida (ao longo do mes de novembro ou pode fraccionarse en dous pagos (a primeira metade durante o mes de novembro de 2017 e a segunda metade ao longo do mes de marzo de 2018)

*Os socios ou familiares directos de socios de ACOE terán un desconto do 30% no prezo da matrícula.

*Os familiares directos de alumnos que xa estean matriculados na Escola só pagarán a metade do importe do curso.