Paralelamente á actividade docente, a EMAE ten asignada unha unidade de produción propia coa finalidade de medir, no ámbito do teatro afeccionado, ás novas remesas de actores estradenses diante do público.

Foron moitas as parroquias estradenses e as vilas galegas (Vilagarcía, Salvaterra de Miño, Santiago de Compostela, O Grove, Sanxenxo, Silleda, Valga, Cuntis, Cerdedo, Forcarei, Vedra, Meis, Moraña, Braga...) nas que ten traballado a agrupación da Escola, preferentemente polo circuíto de teatro afeccionado

 

MEMORIA DE ESPECTÁCULOS REALIZADOS

1-Criaturas (Grupo de adultos, anos 2008-2010).

Texto escrito por Sergi Belbel e dirixido por Anabell Gago. Contou coa presenza actoral de Gonzalo Valcárcel, Ánxela Sanmartín, Fran Campos, Mercedes Martínez, Mª Jesús Sánchez, Pablo García, Antía Regueira, José  Luis Valcárcel, Fran Ameixeiras, Lorena Rozados, Sali Torres e Celeste Tato. Este espectáculo foi premiado no I Festival de Teatro non Profesional de Cuntis co 2º premio (2009).

 

2- A ruleta rusa (Grupo de adultos, anos 2011-2012)

Texto de Anton Chejov dirixido por Xosé Lueiro e interpretado por Sali Torres, Antía Regueira, Ánxela Sanmartín, Gonzalo Valcárcel, Toño Pena, Eva Iglesias, Mª Jesús Sánchez e Mercedes Martínez)

 

3-Voa (Grupo xuvenil e de adultos, anos 2017-2018)

Texto orixinal de Xosé Neira Vilas, adaptado por Ana Carreira que conta coa colaboración dos bailaríns, cantareiras e músicos de Tequexetéldere. Un musical que serviu para homenaxear ao autor  de gres (asiduo colaborador da escola) e para celebrar o 15 aniversario da EMAE.