O grupo de adultos conducido por Anabell Gago bota a andar este mércores ás 21.00 h. As clases prolongaranse ata finais do mes de maio. Os máis cativos comezarán o sábado 19, celebrando a reunión de principio de curso o martes 15 no Teatro Principal. 

A Escola Municipal de Artes Escénicas e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada convocan a VII Premio de Textos Teatrais Varela Buxán.

O obxecto non é outro que o de difundir aos valores da nova dramaturxia galega, divulgar a vida e obra do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán e perseverar no cultivo da lingua galega como ferramenta literaria.

O prazo de admisión pecharase o 25 de outubro de 2019 e o premio ten asignada unha dotación de 1.200 euros máis a publicación da obra gañadora. O xurado estará presidido polo prestixioso dramaturgo e director escénico Santiago Cortegoso.

Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade con textos inéditos (nin publicados nin representados) e escritos en lingua galega.

 

Descargar bases.

Varela Buxan2019