Será ás 13.00 h, no Teatro Principal, da man do grupo xuvenil II coa peza a Cincenta que xa non quería comer perdices, unha montaxe a prol da igualdade de xénero. Vanesa, Saleta, Jesús, Adrián, Tegra, Alba, Alicia Julián, Uxía, Laura, Carlota, Alberte, Cristina, Carla e Noa serán os actores e actrices encargados de poñer en escena un espectáculo organizado polo CIM e dirixido a todos os cursos de 1º da ESO  dos IES estradenses. Todos aqueles que queiran asistir ao espectáculo poderán facelo de forma gratuíta ata completar a capacidade da sala.
 
 
 
 
 
 
 
 
GOLDI LIBRE
 
Este vindeiro sábado ás 12.00 h no Teatro Principal Xesús Ron, director da Compañía  Chévere e o actor César Goldi, responsables ambos os dous, do espectáculo Goldi, libre, autorretrato dun insubmiso impartirán unha charla relacionada co teatro documento ao alumnado da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada. 
 
 
Este espectáculo é o primeiro da Berbecheira, un viveiro teatral da compañía Chévere que recupera vivencias persoais para facer memoria colectiva. O pase da obra será ás 20.00 h e haberá que recoller un convite para ocupar unha das 60 localidades postas a disposición do público.
 
 
 
Vémonos no Principal!