Este vindeiro domingo día 10 ás 19.00 h os dous grupos infantís da Escola Municipal de Artes Escénicas soben ao escenario para realizar as súas exhibicións de fin de curso. O grupo de 6 a 8 anos porá en escena a peza Xoguetes, inspirada no libro de Mª Victoria Moreno Festa no faiado. A continuación, será o grupo de 8 a 11 anos o que poña en escena unha adaptación do conto de Xosé Lueiro El ladrón de paraguas. Dirixidos por Paula Quintas e Akira Valero, as dúas obras pertencen ao xénero de Danza-teatro, xénero onde a creación colectiva e o traballo físico son a nota predominante. 
 
O reparto da obra Xoguetes  está composto por  Roi Álvarez, Catalina Álvarez, Inés López, Marta Correa, Alessandra Illobre, Xiana Otero, Helena Miranda, Clara Rey, Estela Riera, Noa Romero, Lía Rey, Aldara Mato, Santiago Loureiro, Mario Fernández e Violeta Nuñez. Os actores da peza O ladrón de paraugas son: Lía Vázquez, Uxía Vilariño, Andrés Díaz, Marcela Torrado, Alma Diéguez, Paula López, Paula Puente, Hugo Ríos, Mariana Torrado, Clara González, Cristian Conti, Carla Penide, Borja Gorís, Sara Núñez e Lara Rey.
 
 
 
 
 

O Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas será o primeiro dos grupos en facer a súa exhibición de fin de curso. A peza titúlase LIGAZÓN, e é un auto de siluetas de Ramón del Valle-Inclán pertencente á serie de pezas dramáticas que compoñen o Retablo de la lujuria, la avaricia y la muerte. Un espectáculo de sombras de 60 min de duración que mestura poesía e esperpento arredor do mito de Orfeo. Un espectáculo cheo de violencia, erotismo e escuridade.

A trama acontece nunha pequena aldea galega na que "A raposa", unha muller madura, pretende prostituír á súa sobriña co consentemento da súa nai para gañar uns cartos. As mulleres non contaban coa firme negativa da rapaza, que namorada dun mozo afiador, oponse a tal proposición.

A peza, fixada para este domingo ás 20.00h no Teatro Principal, está dirixida por Anabell Gago e interpretada polos alumnos do grupo de adultos: Aranza Barreiro, Ánxela Sanmartín, Manolo Varela, Fina Raposo, Dori Carbia, Ana Rivadulla, Rosa López, Sabela Arca, Luis Rivas, Alba Aller e Azucena González. A entrada será de balde ata completar o aforo da sala.