"A posta en escena da peza Contiños da Terra de Manuel García Barros por parte da Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) da Estrada e Tequexetéldere que tivo lugar na noite do venres no Centro Cívico da Palmeira (Braga) -no marco da VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza- foi un rotundo éxito.

O público aplaude en pé a súa representación nas Convergências Portugal-Galiza de Braga"

 

* Nova do Faro de Vigo

 

 

 

Será o vindeiro 28 de febreiro, ao abeiro das actividades programadas na Semana Cultural Portugal-Galicia Convergências. Os Contiños da terra visitarán Braga para poñer en escena a adaptación que Santiago Cortegoso fixo do clásico de Manuel García Barros. O espectáculo teatral verase reforzado pola presenza do acordeonista Juan Ruibal e das cantareiras de Tequexetéldere que encherán de cantos de taberna a peza teatral.