O Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas será o primeiro dos grupos en facer a súa exhibición de fin de curso. A peza titúlase LIGAZÓN, e é un auto de siluetas de Ramón del Valle-Inclán pertencente á serie de pezas dramáticas que compoñen o Retablo de la lujuria, la avaricia y la muerte. Un espectáculo de sombras de 60 min de duración que mestura poesía e esperpento arredor do mito de Orfeo. Un espectáculo cheo de violencia, erotismo e escuridade.

A trama acontece nunha pequena aldea galega na que "A raposa", unha muller madura, pretende prostituír á súa sobriña co consentemento da súa nai para gañar uns cartos. As mulleres non contaban coa firme negativa da rapaza, que namorada dun mozo afiador, oponse a tal proposición.

A peza, fixada para este domingo ás 20.00h no Teatro Principal, está dirixida por Anabell Gago e interpretada polos alumnos do grupo de adultos: Aranza Barreiro, Ánxela Sanmartín, Manolo Varela, Fina Raposo, Dori Carbia, Ana Rivadulla, Rosa López, Sabela Arca, Luis Rivas, Alba Aller e Azucena González. A entrada será de balde ata completar o aforo da sala.

 

 

 

Estimados/as alumnos/as:
 
Pois iso. Que nos vemos todos no teatro o vindeiro mércores día 7 para entregarlle o VI Premio Varela Buxán de Textos Teatrais a Fernando Castro Paredes, o flamante gañador deste ano coa peza Pallaso.
 
Durante o acto, tamén se lle fará entrega a Marcos Abalde do libro Oito epitafios por Troia, texto gañador da quinta edición.
 
Para finalizar, darase lectura a unha escena do texto gañador. Serán dous alumnos da EMAE os encargados de levala a cabo.
 
Todos os asistentes seredes agasallados cun exemplar da obra gañadora.
 
Vémonos no Teatro Principal!