Arrancamos!!!  O vindeiro mércores 4 de outubro dará inicio o curso de adultos da EMAE. A presentación está prevista ás 21.00 h no Teatro Principal. Impartidas por Anabell Gago, as clases darán remate a finais de maio de 2018. Pola súa banda os grupos infantís e xuvenís teñen a reunión de presentación do curso o sábado 14 de outubro ás 11.00 h no Teatro Principal. As clases regulares comezarán o día 21.
 
 
 
 
 
Dende hoxe e ata o 22 de outubro, podedes presentar os vosos textos teatrais ao Premio Varela Buxán de Dramaturxia, un Premio convocado pola Escola Municipal de Artes Escénicas a través da Fundación Cultural. O xurado estará presidido polo dramaturgo Santi Cortegoso. Para coñecer as bases premede aquí. Animádevos e presentade as vosas obras!