Coa función do grupo Xuvenil da pasada semana, dispoñémonos a botar o pano do curso 2016-2017 e a preparar o vindeiro curso que comezará a primeiros do mes de outubro.
 
Se es un alumno novo e queres reservar praza na Escola, non esperes máis. Fai a túa reserva no TLF 647411970 ou no Departamento de Cultura do Concello. Non tes máis que deixar o teu nome e apelidos, a idade e un teléfono de contacto. 
 
A finais de setembro avisarémoste para unha xuntanza no Teatro na que poderedes cumprimentar a vosa matrícula. Recordade que dispoñedes de dúas clases gratuítas de cortesía. Os grupos son catro: Infantil (6-10 anos), Xuvenil (10-15) e (15-18); e Adultos (+18)
 
Apúntate e ven a disfrutar da maxia do teatro!
 
 
 
 
Despois da magnífica exhibición do grupo infantil da pasada fin de semana, esta semana erguerá o pano o Grupo Xuvenil 2 da Escola coa peza ACADEMIA DE JOHN WAYNES, unha peza na que interveñen os actores Tegra Vidal, Saleta Lueiro, Jesús Carbia, Adrián Quintela, Vanesa Agra, Julio Casal, Alicia Chenlo, Julián Rosende, Alba Mendoza, Laura Chamosa, Uxía Correa, Alberte Arxibai, Carla Cutrín,  Carlota Torrado e Cristina Rivadulla.
 
É unha comedia que fai unha extrapolación a Galicia do mundo do western americano... partidas de póker, duelos a morte, pelexas no Salón, persecucións en dilixencia... A obra é unha sucesión de sketchs que pretenden afondar na expresividade corporal do actor.
 
Por outra banda, lembrarche que o vindeiro mércores día 28 ás 20.30h  terá lugar a estrea da peza do Grupo Xuvenil 1 O CHICLE. 
 
Recolle o teu convite na billeteira do teatro media hora antes das funcións!
 
1peq 2peq 3peq
     
4peq 5peq artigopeq