exhibicions fin curso
 
 
 
 
 
 
Tras a boa acollida do musical The Rocky Horror Picture Shown interpretado polo Grupo de Adultos, é a quenda dos máis novos... para empezar este domingo ás 7 da tarde: Mariana, Marcela, Inés, Paula, Santi, Lía, Uxía, Andrés, Cati, Marta, Roi e Hugo convídanvos a acompañalos na estrea das Laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 
 
 
 
Que onde será? No Teatro Principal, con entrada de balde. Un espectáculo dirixido polas profes Paula Quintas e Akira Valero que fai unha revisión, en clave de danza contemporánea, da mítica peza de Carlos Casares. É a nosa pequena homenaxe ao autor ourensán.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Que nervios! Xa se achegan as exhibicións de fin de curso! Velaquí vos vai un adianto cos horarios previstos:
 
XUÑO
 
Domingo 4 ás 19.30h  "The Rocky Horror Picture Show" (Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas)
Domingo 11 ás 18.30h "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" (Grupo Infantil da EMAE)
Sábado 24 ás 19.00h "Academia de John Waynes" (Grupo Xuvenil 2 da EMAE) 
Mércores 28 ás 20.30h "O chicle" (Grupo Xuvenil 1 da EMAE)
 
Proximamente darémosvos máis detalles en rolda de prensa!