Que nervios! Xa se achegan as exhibicións de fin de curso! Velaquí vos vai un adianto cos horarios previstos:
 
XUÑO
 
Domingo 4 ás 19.30h  "The Rocky Horror Picture Show" (Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas)
Domingo 11 ás 18.30h "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" (Grupo Infantil da EMAE)
Sábado 24 ás 19.00h "Academia de John Waynes" (Grupo Xuvenil 2 da EMAE) 
Mércores 28 ás 20.30h "O chicle" (Grupo Xuvenil 1 da EMAE)
 
Proximamente darémosvos máis detalles en rolda de prensa!
 
 
 
Hoxe o curso de adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) comeza un obradoiro de voz coa actriz viguesa María Costas, enfocado a preparar as cancións do musical que están a preparar para final de curso. Este curso está composto por dezaseis alumnos maiores de 18 anos e impartido pola profesora Anabell Gago.
 
O obradoiro estenderase os días 4, 7, 11 e 27 de abril en sesións de 2 horas de duración.