rosa papel 2019peq
 
 
Este vindeiro domingo ás 21.00 h, no Teatro Principal, o grupo de adultos volverá reencontrarse co esperpento de Valle Inclán.
 
 
 
Nesta ocasión porá en escena A rosa de papel, obra pertencente ao Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte.
 
 
 
Dirixida por Anabell Gago, a peza está interpretada por Ana Rivadulla, Ánxela Sanmartín, Anxos Pais, Aranza Barreiro, Dori Carbia, Fina Raposo, Manuel Rebolo, Rosa López, Sabela Arca, Santiago Agra e Serxio González.
 
 
Non faltedes!
 
 
 
Hai entradas de balde ata completar a capacidade da sala!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
A xira dos Contiños da terra de Manuel García Barros, produción que a EMAE vén de estrear con grande éxito hai unhas semanas, continúa cunha actuación escolar o xoves 20 na Fundación Paco Lareo e o día 21 na parroquia de Lamas dentro do ciclo do Teleclub da Comedia. Que ganas de que cheguen!!!