A gran demanda de localidades, fixo que a estrea do sábado do musical montado pola Escola Municipal de Artes Escénicas e Tequexetéldere, teña posto o cartel de "COMPLETO". Noraboa a todos e a encher a do domingo!!! Non volo perdades! 
 
Xa sabedes que todos os alumnos da EMAE podedes reservar as vosas entradas no wattsapp de cada grupo. O prezo é de 3,00€.

 

A unidade de produción da EMAE, celebra os 15 anos da fundación da Escola, coa estrea do musical "VOA" xunto á agrupación Tequexetéldere. Un espectáculo no que se rende homenaxe a Xosé Neira Vilas, poñendo en escena unha peza escrita pola dramaturga Ana Carreira a partir de textos do autor de Gres. Será os vindeiros 18 e 19 de febreiro ás 20.30h e 19.00h, respectivamente. As entradas pódense merca,r a 3,00€, no Departamento de Cultura do Concello ou en Calzados A Esquina.