Hoxe preséntase no MOME a adaptación teatral dos Contiños da terra de Manuel García Barros escrita por Santi Cortegoso. Unha peza que o dramaturgo dirixirá proximamente para a Escola Municipal de Artes Escénicas. Acompañarán ao autor no acto o prologuista da obra Carlos Loureiro, o ilustrador Manuel Fragoso e o concelleiro de Cultura Juan Constenla. Non volo perdades!

 

 

 

 

Desde o Centro de Información ás Mulleres -CIM- do Concello da Estrada queremos transmitirlle as nosas felicitacións a cada compoñente da Escola Municipal de Artes Escénicas pola súa representación da obra  "A Cincenta que xa non quería comer perdices"o pasado 26 de novembro.

 cim

A todos os actores e actrices: Jesús, Saleta, Tegra, Adrián, Vanesa, Alicia, Julián, Alba, Laura, Uxía, Alberte, Carlota, Cristina, Noa e Carla, queremos darvos as GRAZAS pola vosa entrega, pola vosa profesionalidade e pola vosa implicación.

Sabemos que actuar diante dos vosos compañeiros e compañeiras non era unha tarefa sinxela, pero o resultado foi de sobresaínte. Co voso traballo, onte conseguimos poñer un graniño máis de area na difícil loita contra a violencia de xénero que desde o CIM levamos a cabo cada día.

Necesitamos rapazas e rapaces que, coma vós, aprendan a decir BASTA a aquelas relacións que non sexan igualitarias, porque só así poderemos rematar con finais felices as historias de todas aquelas mulleres que sofren as consecuencias do machismo máis cruel e desapiadado.

As 300 persoas que onte disfrutamos da vosa actuación aprendemos unha lección que xamais olvidaremos, GRAZAS e FELICIDADES outra vez. Desexámosvos toda a sorte do mundo. Sodes grandes como artistas pero máis grandes aínda como persoas: Un exemplo para nenos e maiores.

Tamén queremos agradacer e felicitar ao voso director, Xosé Lueiro, porque sin el nada disto sería posible. O seu labor vai más aló ca a dun director, grazas a súa motivación e ao seu tesón sabemos que desde o CIM contamos cun compañeiro infatigable nesa loita contra a violencia de xénero. Aproveitade ben todo o que poidades aprender del porque é ese tipo de persoas que deixan pegada cando pasan pola túa vida.

Unha forte aperta para todas e para todos,

Marga de la Calle

Directora CIM A Estrada