O CURSO DE MONOLOGUISMO COMEZA O 13 DE OUTUBRO!!!
 
Finalmente, debido a un imprevisto de última hora, o actor e director CÁNDIDO PAZÓ viuse obrigado a retrasar o inicio do curso de monologuismo que se desenvolverá a partir do luns 13 de outubro ás 20.30h no Teatro Principal.
 
Estade atentos porque nos próximos días publicaremos nesta mesma páxina o listado definitivo de alumnos admitidos neste curso.
 
Lembrade tamén que o luns 13 ás 20.30h terá lugar a PRESENTACIÓN DO CURSO DOS GRUPOS INFANTIL E XUVENÍS que comezarán as  súas clases a partir do sábado 18 de outubro.
 
Pola súa banda, o grupo de adultos empezará este mércores ás 21.00 h o curso regular da man de Anabell Gago.

 

 

Grupo Adultos: Dia 8 de outubro ás 21.00 horas no Teatro Prinicipal.

Grupo Xuvenil 1: Dia 18 de outburo ás 10.15 horas no Teatro Principal.

Grupo Xuvenil 2: Día 18 de outubro ás 12.00 horas no Teatro Principal.

Grupo Infantil: Día 23 de outubro ás 17:30 horas no Teatro Principal.

O día da xuntanza de principio de curso para os grupos xuvenil e infantil será o día luns 13 de outubro ás 20.30 horas no Teatro Principal.

Os días 6 e 13 de outubro e os días 3 e 10 de novembro terá lugar un obradoiro de monologuismo para o grupo de adultos impartido por Cándido Pazó.

* Os listados definitivos de alumnos admitidos quedarán pechados ao longo do mes de outubro.