Cartel obras infantis2019
 
 
 
 
 
O vindeiro sábado 18, a partir das 20.00 h, os grupos Infantil 1 (+10) e Infantil 2 (-10) da EMAE ofrecerán as súas exhibicións de fin de curso, dúas montaxes en formato danza-teatro que están dirixidas polas profes Paula Quintas e Akira Valero.
 
 
 
 
 
 
As pezas titúlanse A máquina da historia (Grupo Infantil 2) e Mito vs. Tecno. Moita merda para Lía, Alessandra, Miguel, iana, Lucas, Helena, Clara, Nerea,  Estela, Violeta, Aldara, Marta, Inés, Catalina, Noa, Carlota, Santiago, Uxía, Andrés, Marcela, Mariana, Roi, Sara, Carla, Cristian, Lara, Antía, e Borja. Vémonos no Teatro Principal!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
emae050519
 
 
Foi onte, despois da estrea en Callobre hai sete días, a data elixida para presentar na Estrada os Contiños da Terra de D. Manuel García Barros. Unha peza escrita e dirixida por Santi Cortegoso na que participaron Chelo do Rejo, Fran Campos e Gonzalo Valcárcel e o acordeonista Juan Ruibal. Tras tres meses de ensaios, a unidade de produción da Escola Municipal de Artes Escénicas puido por fin estrear un espectáculo que gozou do beneplácito dun teatro ateigado de espectadores.
 
 
 
Unha proposta que aúna drama e comedia e que homenaxea á memoria e aos nosos maiores. Noraboa Santi, noraboa Chelo, noraboa Fran e Gonzalo! Grazas por emocionarnos e sentirnos orgullosos desta nosa benquerida escola de teatro!